lunes, 13 de febrero de 2012

GALICIA, SENDAS PARA DESCUBRIR UN PAÍS
   
     Galicia, sendas para descubrir un país é un catálogo de referencia daqueles sendeiros que cumpren as condicións de homologación esixidas pola FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada) no ámbito estatal, ou a FGM (Federación Galega de Montañismo) no ámbito autonómico, e que se axustan á normativa internacional. Con esta información, a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, TURGALICIA, persegue achegar o mundo do sendeirismo ao público en xeral e incentivar aos xa afeccionados para que descubran o rico patrimonio natural e monumental dos camiños galegos.
     A esencia do camiño está en descubrir o que non se coñece. Esta é unha das máximas daqueles que se aventuran a percorrer un territorio. Desde a costa ata os máis recónditos bosques frondosos, Galicia esconde prodixiosos lugares cuxo descubrimento a pé permite coñecer a súa gran riqueza paisaxística e o seu legado cultural e patrimonial.
     O conxunto de rutas homologadas que recolle a guía Galicia, sendas para descubrir un país ten a capacidade de adaptarse a todas as habilidades dos amantes da natureza e do sendeirismo. Sendas e pistas forestais, antigos camiños de carros, camiños reais herdados da época romana, labirínticos carreiros nas beiras dos ríos, serras e montañas... Todos eles lugares únicos que merecen ser visitados. Pódense descubrir estes sen deiros motivados por unha aspiración deportiva e de lecer e atopar a emoción dobre da actividade e a paisaxe. Pódese buscar cultura e historia ou pódese, en fin, em paparse de beleza, para o que non hai mellor destino que Galicia.
     O folleto Galicia, sendas para descubrir un país pode consultarse a través da web de TURGALICIA na sección Descargas-Folletos e ampliar máis información sobre os mesmos en Que facer-Actividades e deportes-Sendeirismo. Por outra banda, TURGALICIA lanzou un proxecto pioneiro de sendeirismo empregando a tecnoloxía dos teléfonos móbiles intelixentes. Esta nova tecnoloxía está sendo aproveitada para poñer a disposición do público información de alta calidade sobre as rutas homologadas como sendeiros de pequeno ou gran percorrido de Galicia.
     En internet, ademais dos datos e fotos que aparecen na guía impresa, pode consultarse un mapa da ruta en Google maps e páxinas web especializadas (www.wikiloc.com, www.everytrail.com, www.ikimap.com) permiten consultar, visualizar e descargarse a información xeorreferenciada das rutas galegas. A posibilidade de ver os camiños en formato 3D, de coñecer os perfís altitudinais, as distancias entre puntos de interese, e sobre todo, a descarga de toda a información aos teléfonos intelixentes converten este software nunha ferramenta esencial para a crecente comunidade de afeccionados ao sendeirismo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario